miércoles, 11 de febrero de 2015

O CARNAVAL DOS ANIMAIS


Charles Camille Saint-Saëns (París, 9 de outubro de 1835-Arxel, 16 de decembro de 1921)  foi un  compositor, director de orquestra, organista e pianista francés.
Tamen foi escritor, caricaturista, matemático  e gran viaxeiro.
Foi membro  da Sociedade Astronómica de Francia , tiña un telescopio e organizaba os seus concertos de maneira que coincidiran con algúns acontecementos  astronómicos coma eclipses solares.
Foi tamén o primeiro gran compositor que escribiu música para  cine.

O LEÓN
Tocan este fragmento 2 pianos, 2 violíns, viola, violonchelo e contrabaixo.
A primeira parte, a introdución, iníciase con  dous pianos, aos que pronto se lles unen os instrumentos de cordas: violíns, viola, violonchelo e contrabaixo.
Despois comeza unha maxestuosa marcha, posto que o león  é o  rei da selva.
Se prestades atención, durante a interpretación poderedes oír como roxe o león cando empezan a xurdir escalas ascendentes e descendentes nun dos dous  pianos, establecendo unha especie de diálogo co outro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario