lunes, 29 de julio de 2013

"O amor das tres laranxas", Sergéi Prokófiev

Esta marcha musical de Prokofiev pertence á ópera “ amor das tres laranxas”, baseada nun conto de Cario Gozzi: Un rei está desesperado porque o seu fillo non pode rir. Inda que  moitos intentan que ría, ninguén o  consigue. Por fin, o príncipe rise da bruxa Fata Morgana  ao vela  tropezar e caer. A bruxa enrábiase tanto que o condena a namorarse de tres laranxas e a buscalas por todas partes. De cada laranxa sairá unha marabillosa doncella, pero dúas delas  morren de sede  ao non ter auga cerca. A terceira   convértena  en rata, pero grazas ao mago Chelio volve á sua forma orixinal, é la princesa Ninette. Ao final o príncipe  casa coa fermosa princesa Ninette e non cunhalaranxa.

  A“marcha” musical acompaña a Truffaldino, o bufón da corte, que conduce ao príncipe a  diversións preparadas para que se ría, inda que non o consigan. 
Oimos la marcha, dirixida por Lorin Maazel.