"O amor das tres laranxas", Sergéi Prokófiev
Esta marcha musical de Prokofiev pertence á ópera “O amor das tres laranxas”, baseada nun conto de Cario Gozzi: Un
rei está desesperado porque o seu fillo non pode rir. Inda que moitos intentan que
ría, ninguén o consigue. Por fin, o príncipe rise da bruxa Fata Morgana ao vela tropezar e caer. A bruxa enrábiase tanto que o condena a namorarse de tres laranxas e a buscalas por todas partes. De cada laranxa sairá unha marabillosa doncella, pero dúas delas morren de sede ao non
ter auga cerca. A terceira convértena en rata, pero grazas ao mago Chelio volve á sua forma orixinal, é la princesa Ninette. Ao final o príncipe casa coa fermosa princesa Ninette e non cunhalaranxa.
A“marcha” musical acompaña a Truffaldino, o bufón da corte, que conduce ao príncipe a diversións preparadas para que se ría, inda que non o consigan.
Oimos la marcha,
dirixida por Lorin Maazel.